publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Incendios forestais nos concellos de Piñor e Arbo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArboLocalPiñor
A-
A+

EXTINGUIDOS

Extinguido ás 08:46 horas o lume do concello ourensán de Piñor, parroquia de Coiras, tras comezar ás 17:30 horas do luns. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 28,5 hectáreas; das cales 18,5 son de monte raso e o resto de arborado. Nos traballos de extinción levan participado 1 técnico, 7 axentes forestais, 26 brigadas, 14 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 6 avións.

Provincia de Pontevedra

Extinguido dende a 01:27 hora desta madrugada o lume que se iniciara ás 03:05 horas de onte no concello de Arbo, parroquia de Mourentán. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada sitúase nas 22 hectáreas; das cales 18 son arboradas e o resto rasas. No lugar traballaron 1 técnico, 2 axentes forestais, 12 brigadas, 7 motobombas, 1 pa, 2 helicópteros e 2 avións.

Tamén quedou extinguido ás 21:27 horas de onte o lume que comezara ás 15:55 horas do luns no concello de Tui, parroquia de Malvas. Segundo as estimacións provisionais, a superficie afectada é de 15 hectáreas arboradas. Nos traballos de extinción participaron 1 técnico, 8 axentes forestais, 21 brigadas, 13 motobombas, 4 pas, 9 helicópteros e 10 avións.

Entre os medios aéreos e terrestres que traballaron no control e na extinción destes lumes atópanse os municipais, autonómicos e estatais, coordinados baixo o mando único da Xunta de Galicia.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Tamén a conta de twitter @incendios085 dedicada exclusivamente a ir actualizando a información sobre incendios.

18 de setembro de 2013 | 10:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.