publicidade hoxe

Rafael Louzán visita as obras do campo de fútbol do Buelo en Moraña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalMorañaPontevedraProvincias
A-
A+

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, visitou esta mañá as obras do campo do fútbol do Buelo, no concello de Moraña, xunto á alcaldesa deste municipio, María Luisa Piñeiro Arcos, e o  xefe de Infraestruturas da Administración provincial, Manuel González Juanatey.

As obras están practicamente rematadas, xa que nestes momentos só resta a instalación dunhas varandas na parte superior das bancadas, a sinalización dos baños e vestiarios e a acometida eléctrica.

As obras de reforma e mellora do campo de fútbol incluíron o acondicionamento do terreo para a construción dun campo de  céspede  artificial  cunhas  dimensións  de 100 x 60 m²; a colocación dunha bancada para 360 persoas sentadas; vestiarios na planta baixa da bancada; un feche perimetral; a dotación de 4 torres de iluminación de 18 metros; o subministro dun xogo de porterías de fútbol once, dous de porterías de fútbol sete e un xogo de bandeiras de córner; bancadas para suplentes; un marcador; e sistema de rego e de drenaxe coas correspondentes canles de recollida de augas.

Está previsto rematar con todo o equipamento tanto exterior como interior durante o presente mes de agosto e tamén finalizar os accesos o campo co fin de entregar as instalacións no inicio da tempada deportiva.

1 de agosto de 2013 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.