publicidade hoxe

Gran participación no encontro de pandereteiras na Casa do Pozo de Santa Comba

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSanta Comba
A-
A+
Actuación das pandereteiras

Actuación das pandereteiras

A Casa do Pozo ateigouse de persoas que asistiron ao encontro de pandereteiras organizado pola concellaría de cultura de Santa Comba. O alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira no seu discurso de apertura do acto destacou o feito de que actuaran un grupo de xalleiras que residen na Arxentina e um grupos de pandereteiras do concello. “Hoxe as pandeiretas unen dous camiños na distancia. Pero dous camiños cun mesmo sentido, o sentido xalleiro” sinalou Landeira.

No acto tamén interviu a concelleira de cultura, María Pose que louvou o traballo da escola municipal do concello de Santa Comba e das compoñentes da asociación Santa Comba de Xallas na Arxentina.

En primeiro lugar actuaron as pandereteiras de Santa Comba de Xallas, cun grupo composto por seis mulleres encabezadas pola presidente do colectivo, Fina Gerpe. Despois tivo lugar a actuación dun grupo formado por pandereteiras de Santa Comba e Zas. A terceira actuación correspondeu a un cuarteto de rapazas da escola de música tradicional xalleira. Para rematar, pandereteiras de Santa Comba e do colectivo emigrante interpretaron varias cancións clásicas galega o unísono

2 de agosto de 2013 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.