publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Actuacións o mércores 21 e o sábado 24 en Laxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLaxeLocal
A-
A+

Este mércores 21 de agosto, terá lugar a actuación que se aprazaba o pasado 25 de xullo debido ao accidente ferroviario en Santiago de compostela.

Debido á imposibilidade do grupo de realizar a actuación o xoves 22 coma sería habitual na programación dos Pés de Rúa do Verán en Laxe, o mércores contaremos co grupo dos 7 magníficos máis 1 que, achegarán a Laxe un espectáculo cómico para público familiar que recupera as farsas de circo clásico e as reinventa, trasladando ao espectador ás máis grandes gargalladas baixo o prisma da calidade e do bo facer.

Se as condicións climatolóxicas o permiten, en principio está previsto realizala na Praza de Ramón Juega, coma vén sendo habitual nas actuacións de verán ás 20:00 horas. En caso de choiva, a actividade trasladarase ao Patio Cuberto de Parvulitos (enfronte da Casa do Concello).

Algúns datos máis do espectáculo deste xoves:

Logo de máis de cen representacións do seu anterior espectáculo Dous Pallasos en Apuros (2009), Os Sete Magníficos máis Un presentan a súa nova producción clown Dous Pallasos en Máis Apuros. Ruactiva.

Creado polo director e dramaturgo argentino Walter Velázquez e pola propia compañía e dirixido por Iván Prado a partir de farsas clásicas do mundo do circo, con Dous Pallasos en Máis Apuros a compañía volve apostar pola recuperación e actualización de gags do pallaso tradicional.

Un espectáculo para público infantil e familiar no que a parella de clowns Pedro Brandariz e Fran Rei recrean números cómicos a través das ferramentas habituais de “Os Sete Magníficos máis Un”: a improvisación, a actitude de risco, a sinceridade do pallaso, a humildade do comediante e, sobre todo, a dignidade clown para saír das situacións máis complicadas.

Nesta ocasión, os nosos dous protagonistas transfórmanse en dous aloucados acróbatas dispostos a presentar o seu abraiante número de circo cheo de risco e emoción: O Vaso da Morte. Pero como adoita pasar nos espectáculos de “Os Sete Magníficos máis Un”, nada lles sae como desexan. Así, o que ía ser un exercicio acrobático propio dos mellores artistas circenses, convértese nunha sucesión de desastres, desencontros e accidentes, pasando do tradicional Más Difícil Todavía (Aínda Máis Difíci) ao cómico Peor Imposible.

O programa de actuación culturais deste verán en Laxe, pecharase un ano máis, coa celebración do VII SOLPOR POÉTICO na Praia dos Cristais de Laxe o sábado 24 de agosto a partires das 20.30 horas. Nesta nova edición, contaremos co cantautor Xoán Eiriz que nos achegará un programa cheo de poesías musicadas, entre elas, algunhas de Antón Zapata, cantigas tradicionais e coñecidos temas universais en galego. No mesmo acto, farase entrega dos premios ás diferentes categorías da 7ª Edición do Concurso de Poesía Antón Zapata.

20 de agosto de 2013 | 16:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.