publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Actividades e xogos populares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalZas
A-
A+
Participantes no campamento

Participantes no campamento

CAMPAMENTO DE AVENTURA

Durante tres días a finais de xullo fixemos xogos e actividades como tirolesa, torre de escalada, tiro con arco,  paintball, sendeirismo con orientación, cirtuíto multiaventura de altura, veladas, piragüísmo e paseos en barco polo Embalse da Fervenza. Participaron 43 nenos/as de entre 7 e 14 anos.

VENRES A PÉ

Son pequenas rutas de sendeirismo dirixidas a persoas maiores de 7 anos. A primeira tivo lugar o pasado venres, 9 de agosto. Fixemos un percorrido entre Zas e Rial. Participaron 30 persoas. A próxima será o venres, 23 de agosto.

AQUAPARK DE CERCEDA

Onte, luns 12 de agosto un grupo de 85 participantes de entre 8 e 16 anos pasamos o día en Cerceda.

DÍA DA BICI

Este domingo 18 de agosto teremos o DÍA DA BICI. Sairemos ás 10 h da Praza do Concello en Zas para realizar un percorrido polo concello durante a mañá rematando cun xantar de convivencia e sorteo de agasallos. 

13 de agosto de 2013 | 19:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.