publicidade hoxe

A Feira Mostra de Produtos Endóxenos de Bande contará con preto de corenta expositores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBandeCalendarioLocal
A-
A+

Un ano máis preto de corenta expositores daranse cita os días 12 e 13 de agosto durante a celebración dunha nova edición da “Feira Mostra de Productos Endóxenos”. Na praza da Constitución en horario ininterrompido de 12:00h. a 24:00h. (día 12) e de 10:00h. a 24:00h (día 13). Artesanía, gastronomía, productos locais, información turística, zona de pinchos.

A inauguración será o día 12 ás 12:00h. na mesma praza.

De novo este ano a presenza de expositores provenientes doutros concellos e incluso de Portugal amplían a oferta presentada.

Nestes días tamén se desenrolarán os seguintes actos:

12 DE AGOSTO

ATRÉVETE E XOGA CONNOSCO

Xogos de auga e fariña na praza da Constitución a partir das 17:00h. Vén preparado e non te esquezas de traer o bañador.

OBRADOIRO COCIÑA INFANTIL

Na praza da Constitución ás 20:00h. “Ouvirmos” realizará un obradoiro de cociña infantil.

13 DE AGOSTO – DÍA DA MAXIA

OBRADOIRO MAXIA E CIENCIA

Na praza da Constitución ás 19:00h. “A illa dos nenos” realizará un obradoiro de maxia e ciencia.

Entrada de balde.

7 de agosto de 2013 | 17:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.