publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Concello de Piñor mantén aberto o prazo para o curso de obtención do graduado en educación secundaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPiñor
A-
A+

O Concello de Piñor informa de que continúa aberto o prazo de inscrición no  curso de preparación para a obtención do graduado en educación secundaria, que se leva a cabo xa dende o mes de xaneiro. Trátase dunha actividade formativa dirixida a adultos que se ofrece dende hai varios anos de xeito consecutivo, a pesar de que algún ano non se recibiu ningún tipo de financiación externa. Este ano 2013 cóntase coa axuda da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Este curso está destinado a persoas maiores de 18 anos que non teñen o Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria e que desexan obtelo para continuar cos seus estudios ou mellorar laboralmente. 

A finalidade do curso é a preparación para superar as probas extraordinarias e tamén as probas a distancia e realízase en horario de tarde-noite, para facilitar a compatibilización coa xornada laboral ás persoas que teñan un emprego, adaptando deste xeito o ritmo de estudios ós alumnos e ás súas circunstancias, contando cunha docente con ampla experiencia na formación de adultos.

Toda persoa interesada en participar pode poñerse en contacto co Punto de Información e Asesoramento Educativo Municipal, sito en Servizos Sociais.

18 de xullo de 2013 | 17:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.