publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Concello de Meira informa da apertura das piscinas e dun novo curso de auxiliar en xeriatría

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMeira
A-
A+

Están abertas ao público as piscina municipais ata o 31 de agosto en horario de 12:00h a 20:00h.

Por outro lado, e en vista da saída profesional e da demanda deste tipo de formación, tendo en conta o avellentamento da poboación e a prioridade do Concello en accións formativas para a optimización  dos servizos e facilitar a obtención de postos de traballo,  deu comezo onte o Curso de auxiliar de enfermería en xeriatría, financiado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta e que se realiza na Casa da Cultura cunha duración de 300 horas que están sendo cursadas por un total de 15 persoas.

4 de xullo de 2013 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.