publicidade hoxe

O proxecto “Espello deportivo” chega a Bande

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBandeLocal
A-
A+
Asistentes á charla

Asistentes á charla

O proxecto “Espello Deportivo” reflexos da túa lingua, chegou no día de hoxe no seu percorrido ao Concello de Bande, ás 11:30h no salón de actos do CEIP Xoaquín Lourenzo, contando coa presenza de Ruben Riós, que presentou ó medallista  galego Juan Saavedra, na disciplina de tiro olímpico.

 Este programa conta co patrocinio da Excma. Deputación Provincial de Ourense e a Xunta de Galicia, a través da Rede de Dinamización Lingüística, a colaboración do Concello de Bande e máis o IES Aquis Querquernis.

Esta actividade enmárcase dentro do proxecto de dinamización lingüística para o deporte presentada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria o pasado mes de abril, e na que un dos seus obxectivos é promocionar o deporte galego como símbolo de Galicia e que os deportistas de elite pidan unha maior identificación do deporte coa lingua galega.

10 de xuño de 2013 | 16:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.