publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

V Escola de Familia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPiñor
A-
A+

O Concello de Piñor informa que mañá xoves 30 de maio terá lugar a última sesión da V Escola de Familia, esta vez adicada ó tema da educación no respecto ás mascotas e á responsabilidade que implican, como forma de prevención do abandono. Moitas veces son os pais e nais os que caen no erro de regalar unha mascota, coma quen regala calquera outro “xoguete” que un cativo pode deixar de lado no momento en que xa non lle aporte divertimento algún. Non obstante, todos e todas temos unha labor moi importante que facer aquí, porque o número de animais abandonados ó longo do ano é moi preocupante, sendo a educación a base para crear unha sociedade baseada no respecto ós animais e na responsabilidade que implica o seu coidado, como seres vivos que son. Ás veces tamén é o descoñecemento, moitas familias adquiren un animal sen ser realmente conscientes, pois sen ir máis lonxe, un can pode pasar dos 15 anos de vida, e unha persoa debe concienciarse de que serán eses anos os que debe velar polo seu coidado e mantemento.

A charla será impartida por membros do Grupo Outeiro, un grupo adicado á recuperación da fauna salvaxe e fundador da Canceira Comarcal, con moitos anos de tradición no seu traballo, protexer ós animais. A sesión terá lugar mañá xoves 30 de maio ás 18:00h no Centro Social (Albarona), sendo tamén a clausura oficial e entrega de diplomas desta 5ª edición da escola de pais e nais municipal, que este ano contou con 12 persoas inscritas (pais e nais, fundamentalmente). As temáticas a tratar foron moi diversas, obtendo un gran interese por parte dos/as participantes:

1ª 31/01/2013: “Sensibilización en seguridade vial para pais e nais” (Representante da Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense)

2ª 28/02/2013: “Actos delitivos e menores” formas de afrontamento dende o ámbito familiar” (Representante da Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense)

3ª 21/03/2013:.Alimentación saudable e prevención de enfermidades: pautas de alimentación saudable e prevención/detección de  anorexia e bulimia (impartida por ABAGAL, Asociación de Bulimia e  Anorexia de Galicia)

 4ª 25/04/2013: “Educación sexual e comportamento afectivo na parella”. Condutas sexuais de risco en menores, e a conduta entre pais na parella. (Centro Quérote+ de Ourense)

O programa formativo implicaba unha sesión mensual, sempre fomentando a metodoloxía dinámica e participativa, valorando a iniciativa de forma moi positiva, un ano máis.

29 de maio de 2013 | 15:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.