publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cuarta sesión da Escola de Familia en Piñor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPiñor
A-
A+

O Concello de Piñor informa de que o vindeiro xoves día 9 de maio terá lugar a 4ª sesión da Escola de Familia, que por quinto ano consecutivo está a formar a pais, nais e poboación xeral en temas de especial relevancia á hora de criar e educar ós mais cativos.

Nesta ocasión contaremos coa presenza dun profesional do Centro Quérote+ de Ourense, especializado en educación sexual e asesoramento á xuventude galega naquelas áreas nas que se poida aportar un maior entendemento social e que se facilite o crecemento persoal. As persoas asistentes poderán coñecer como se desenvolve a sexualidade dos cativos e que pautas de actuación son máis axeitadas dende a familia, para promover dito desenvolvemento. Tamén se trarará o tema da relación de parella como modelo a seguir por parte dos cativos, pois moitas veces somos os adultos os que temos comportamentos inaxeitados e nunca debemos esquecer que na educación temos que predicar co exemplo, para que a aprendizaxe seca efectiva.

A sesión terá lugar ás 18:00h no Centro Social de Piñor, e,  a pesar de estar dirixida ós inscritos na V Escola de Familia, toda persoa interesada na materia terá entrada libre.

7 de maio de 2013 | 16:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.