publicidade hoxe

Festa dos Ovos Cocidos en Celanova

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCelanovaLocal
A-
A+

O día 25 de abril os veciños de Celanova e da contorna acostuman a relaciónalo coa celebración da festa do San Marcos no lugar da Gandarela e consecuentemente coa tradición de achegarse ata o campo da festa de San Xulián para, ademais de escoitar os acordes da Banda de Municipal ou de calquera grupo musical, ir tomar un viño e comer os ovos cocidos.

Non se sabe ben cal foi a orixe deste costume gastronómico, pero o caso é que a tradición de comer os ovos cocidos polo San Marcos foi pasando de pais a fillos, abrindo así o ciclo festivo do verán de todo o concello que se irá distribuíndo polas distintas parroquias ata chegar ós días do San Cibrán de Acebedo.

Perdida a festa do San Marcos, pero non o costume de comer os saborosos ovos cocidos, cremos que é bo momento para, co fin de conservar esa tradición nacida na Gandarela, trasladala ó pobo de Celanova dedicándolle un día para que os negocios de hostelería (restaurante, mesóns, bares e cafeterías) poñan os ovos cocidos como prato do día e fagan tapas ou pinchos con este producto tan propio da nosa gastronomía como producto central co fin de conseguir un verdadeiro día de festa, agora que o corpo nos pide despreguizarnos un pouco despois de tantos meses de letargo invernal.

Por todo elo, dende o Concello de Celanova e a Asociación de Comerciantes animamos a tódolos negocios de hostelería e que colaboren nesta celebración, implicándose coa elaboración de tapas e pinchos de ovos cocidos para agasallaren ós seus clientes.

Coincidindo con esta proposta gastronómica, a empresa de espectáculos SOLRAC de Celanova promoveu a actuación das orquestras GRAN ATLANTA E PASSARELA, así como do Trío GALICIA e a charanga BCB, que axudarán a animar musicalmente as dúas xornadas.

PROGRAMA

Venres, 26 – VÉSPERA

22,00: Festa de presentación das orquestras

GRAN ATLANTA

PASSARELA

Na Praza Maior

Sábado, 27 – DÍA DOS OVOS COCIDOS

Concurso de pinchos

Pincho mellor adornado

Pincho máis saboroso

Local máis animado

20,00: Concerto da Rede de músicas soltas

DAVIDE SALVADO (Entrada: 5 €)

No Auditorio Municipal Ilduara (AMIC)

22,00: Festa de presentación dos grupos

TRÍO GALICIA

CHARANGA BCB – Celanova

Na Praza Maior

8 de abril de 2013 | 15:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.