publicidade hoxe

Ciclo de Teatro 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNegreira
A-
A+
Instante dos ensaios

Instante dos ensaios

O Auditorio do Centro Sociocultural acollerá durante todo o mes de maio, e maila primeira semana de xuño, un total de nove xornadas teatrais que arrincarán, o venres 3 de maio, coa Compañía Malabaranda, e a súa obra «Residuo», ás seis da tarde.

O sábado 4 de maio, ás 21 horas, vai sela Compañía Algarabía, a que represente a obra «Asemblearias». Na segunda fin de semana de maio, haberá outras dúas representacións con Os 7 magníficos + 1, coa obra «O gordo e o calvo van o médico», ás 21 horas, mentras que o sábado 11 a compañía Fantoches Baj presenta «As pombas de Carboeiro», tamén ás nove da noite.

O grupo de teatro do Liceo de Noia (venres 24), teatro Trangalleiro de Brión (sábado 25), e a Escola Municipal de Teatro de Negreira (venres 31), co grupo de maiores, e a obra «Nun tren…», compretan o mes de maio.

En xuño chegarán as dúas últimas xornadas do ciclo, primeiro o sábado día 1 coa clausura da Escola Municipal de Teatro, coas representacións dos grupos: pequenos (O principiño), e medianos (A cafetería Mon amour). Xa por último, o venres 7 de xuño será a compañía Malasombra Teatro a que interprete a obra «Operación comedia» coma colofón ó ciclo.

19 de abril de 2013 | 12:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.