publicidade hoxe

120 alumnos dos colexios de Bande e O Barco inician o programa de concertos didácticos de órgano de Celanova

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCelanovaLocal
A-
A+

Por cuarto ano consecutivo, o Concello de Celanova en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a parroquia de Celanova, dálle inicio ó programa de Concertos Didácticos de Órgano que se celebrarán ata o próximo mes de xuño e nos que participan alumnos de música dunha vintena de centros escolares de toda Galicia.

Mañá, mércores 17 de abril, ás 11.00 h., no Coro Alto da Igrexa do Mosteiro de San Rosendo,  terá lugar a primeira sesión, con tres concertos didácticos impartidos pola profesora de órgano do Conservatorio de Ourense, Marisol Mendive e contarán coa presencia de alumnos do IES “Aquis Querquennis” de Bande, e dous grupos de alumnos do CPR Divina Pastora do Barco de Valdeorras. En total serán arredor de 120 alumnos que afondarán no coñecemento histórico do organo monumental de Celanova e terán a oportunidade de interpretar cos seus instrumentos (frautas, xilófonos, etc.) varias composicións musicais acompañados do propio órgano celanovés.

Dende mañá e ata o próximo día 5 de xuño pasarán polo órgano de Celanova alumnos dunha vintena de institutos e centros escolares de todo Galicia.

16 de abril de 2013 | 15:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.