Charla informativa sobre o Plan Xeral de Ordenación
celebrarase unha charla informativa por parte do equipo redactor do PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL na que se proxectarán os planos de ordenación de cada parroquia e se atenderán as consultas dos veciños en todo o referido ao novo plan.
DÍA: VENRES, 15 de marzo de 2013
HORA: 20.30 h,
LUGAR: Auditorio Municipal (Bembibre)
Lémbrolle a importancia de coñecer o contido desta norma e as súas aplicacións para todos os veciños e veciñas e agradézolle de antemán a súa presenza. Séguese podendo consultar os documentos na páxina web do Concello: www.valdodubra.es así como na oficina situada no segundo andar da Casa da Cultura do Concello de Val do Dubra os luns, martes, mércores e venres de 11.00 a 14.00 h. Os xoves en horario de 10.00 a 13.30 h. o equipo redactor acudirá á dita oficina para informar e asesorar aos veciños na presentación de alegacións. As persoas interesadas en ser recibidas polo equipo redactor deberán pedir cita previa no teléfono do Concello, o 981889000.