Ximnasia de mantemento para mulleres
Esta actividade continuidade do curso celebrado no pasado 2012 é moi demandado polas veciñas de Friol, maiores de 18, que poderán participar tódolos luns e mércores a partir das 9 da noite no Polideportivo Municipal, de clases aeróbicas e de mantemento con monitor especializado, durante unha hora, dun xeito totalmente de balde.
As interesadas poderán apuntarse durante o curso, ata completar prazas, sendo o día 7 de xaneiro a primeira clase de presentación, deberán acudir con chándal e calzado axeitado e asinar a solicitude de inscrición, onde deberá figurar calquera incidencia ou doenza que limite a práctica de deporte.
As solicitudes poderán entregarse no Concello, en horario de oficina, ou no propio curso.