ITV Ciclomotores e Motocicletas
Dentro da campaña que se está levando a cabo na provincia de Pontevedra, unha Unidade Móbil de Inspección Técnica desprazarase a este municipio no día e lugar abaixo citado.
Esta campaña ten por obxectivo facilita-lo paso da inspección técnica periódica a tódolos vehículos de dúas rodas (CICLOMOTORES E MOTOCICLETAS), sen que teñan que facer grandes desprazamentos.
Data: 19-02-2013
Lugar: Meis
Emprazamento: Mercado de Gando (Cmño. de Gándara, 6).
Horario: De 09:00 a 13:30 h e de 15:15 a 18:00 h.
* Servizo de cita previa no número 902 30 90 00 ou na web www.sycity.com.