Actualización dos datos incorporados ao Rexistro Municipal de Asociacións
Ábrase o prazo de actualización dos datos do Rexistro municipal de Asociacións. As entidades deberán, durante o mes de febreiro, comunicar as novas xuntas directivas. Así mesmo, aquelas entidades que se disolvesen e non comunicasen esta cirscunstancia deberano facer de acordo co artigo 18º da Lei 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do Dereito de asociación.
O prazo para a actualización dos datos remata o 28 de febreiro de 2013 Para máis información e resolver as dúbidas, tedes a vosa disposición a páxina web municipal (www.cerceda.es) ou ben no Concello de Cerceda (Avenida do Mesón, 21 – 3º andar, teléfono: 981 685 001).