publicidade hoxe

«La Vuelta» voltará a Negreira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNegreira
A-
A+

«La Vuelta» Ciclista a España 2013 voltará a ter unha etapa con paso polo noso concello. Será o martes 27 de agosto, coa disputa da cuarta etapa Lalín-Faro de Fisterra, sendo a única etapa que terá nome propio, a da Fin do Mundo, pero que a diferencia da edición de 2012 atravesará por compreto as terras de Negreira, dende Pontemaceira ata Pesadoira, seguindo a ruta xacobea do Camiño de Fisterra, e coa ascensión ó alto dos montes de A Pena. O paso por Negreira está fixado para o quilómetro 96,7 de carreira, mentras que por Pesadoira será no 110,8.

Constará de 186 quilómetros con saída en Lalín para atravesar Santiago e Bertamiráns (Ames), xusto antes de adentrarse no Val de Barcala, que marcará a entrada do pelotón na Costa da Morte, xa que logo proseguirá por terras de Mazaricos, xa que dende Pino de Val dirixirase hacia As Paxareiras, e de alí, en baixada, hacia O Viso, xa no concello de Carnota, para logo emprender a espectacular subida ó Miradoiro do Ézaro, no concello de Dumbría.

Confírmase pois que a empresa Unipublic aposta forte por Galicia para os seus finais de etapa, xa que ademais da beleza das súas paisaxes, tamén destaca o simbolismo da Fin do Mundo, converténdose este importante acontecemento deportivo nun magnifico escaparate promocional do Camiño de Fisterra e Muxía, xa que «La Vuelta», é a terceira proba ciclista do mundo en importancia, chegando a máis de 150 países.

15 de xaneiro de 2013 | 13:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.