publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cobro de taxas municipais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPetín
A-
A+

Ponse en coñecemento de tódolos veciños do Concello de “PETÍN” que dende o: 12 de decembro de 2012 ata o 22 de febreiro de 2013 ámbolos dous inclusive, procederáse ao cobramento en PERIODO VOLUNTARIO de:

TAXAS MUNICIPAIS (auga, sumidoiros e recollida de lixo)
Tercer Trimestre de 2012
I. ACTIVIDADES ECONÓMICAS 2012
Na planta baixa do Concello, de 10 a 13 horas, os días:
18 e 25 de Xaneiro
15 de Febreiro

PERIODO VOLUTARIO: 12-12-2012 a 22-02-2013

Os contribuíntes afectdos polos mesmos, poderán efectuar o pagamento das súas débedas tributarias por estes conceptos, o resto dos días ata o 22 de Febreiro, en período voluntario, na oficina de Recadación sita en R/ Miguel de Cervantes, 8 baixo de Luns a Venres en horario de 9,30 a 13,30 horas.

Así mesmo advítese aos contribuíntes que poden facer uso da domiciliación de pagamento a través de Entidades Bancarias e Caixas de Aforro Confederadas.

Transcorrido o prazo de cobramento en período voluntario, as débedas serán esixidas polo procedemento de prema e percibirán na recarga de prema, xuros de demora e no seu caso, as costas que se produzan.

14 de xaneiro de 2013 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.