publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Festa de Aninovo 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmoeiroLocal
A-
A+

Un ano máis, o Concello de Amoeiro celebrará a Festa de Aninovo.

Seguindo a costume de apoiar iniciativas populares, o municipio realiza a mencionada celebración en colaboración co tecido asociativo, representado nesta ocasión pola Asociación San Pedro de Trasalba.

Deste xeito, darase a benvida ó 2013 na Casa de Cultura a partires das 00:30 horas do primeiro de ano, sendo amenizada a festa polo Trío Fuego Vivo.

O dispositivo de protección civil proporcionará apoio e axuda en caso de que fora preciso.

O Concello de Amoeiro desexálles un feliz comezo de anualidade, e prega que a ledicia se mesture co respecto polo benestar e o ben común de todos os asistentes.

Bo 2013 para toda a veciñanza deste nobre municipio

28 de decembro de 2012 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.