publicidade hoxe

A compañía Obras Públicas presenta a comedia musical “O fútbol é así”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Barco de Valdeorras
A-
A+

Este venres, 21 de decembro (21h), conclúe e temporada teatral para adultos no Teatro Lauro Olmo coa representación de “O fútbol é así” de Xosé Luis Prieto pola compañía Obras Públicas. Interpretada por Carlos Mosquera “Mos” e Leandro Lamas, baixo a dirección do propio Prieto, esta comedia sobre o mundo futbolístico a golpe de canción garante ao público unha hora de gargalladas. Entrada: 5 euros.

O fútbol como espazo teatral, con todas as súas ramificacións que van desde os seareiros ata os adestradores, directivos, os cracks e os comentaristas deportivos, unha fauna que desfila polo texto de Prieto de xeiito áxil e divertido, ao tempo que desata unha sagaz crítica social con unha economía de recursos escénicos que deixa exclusivamente en man das habilidades interpretativas e da música, ben escollida, a conexión co espectador que entra no xogo, e nunca mellor dito, desde o primeiro minuto. O deporte rei é o motivo pero o espectáculo contén textos frescos cheo de guiños á comedia clásica, ao cine, á política, o sexo e á sociedade actual, todos eles reflectidos no mundo do tútbol e nas paixóns que desata.

18 de decembro de 2012 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.