O goberno de Neda condena o acto vandálico contra a casa consistorial
O goberno municipal de Neda condenou esta mañá o acto vandálico perpetrado contra a casa consistorial esta madrugada e xa puxo en coñecemento das forzas de seguridade os feitos. En concreto, destrozaron o cristal dunha das fiestras da pranta baixa e realizaron pintadas no muro da praza do concello.