Talleres infantís Come o Mar no Peirao de Malpica
O GAC3 Costa da Morte baixo a Campaña de promoción de Turismo Mariñeiro, Come o Mar, esta a realizar actividades divulgativas o longo do seu territorio.
Os próximos 11 e 12 de xuño ás 10:00 horas no peirao de Malpica en colaboración coa Confraría de Pescadores, Concello, Centros Escolares e as Redeiras Artesás o Fieital, vanse a realizar dous Talleres infantís , un relacionado co oficio das redeiras e outro relacionado coa gastronomía para a elaboración de receitas con produtos do mar.
A primeira hora na Nave das Redes as redeiras darán a coñecer o seu oficio e as diferentes artes de pesca coas que traballan, seguidamente visitarase a Lonxa para coñecer o seu funcionamento e os diferentes peixes que alí chegan, para rematar cociñando, de novo na Nave das Redes, diferentes pratos cos nosos produtos pesqueiros.
Esta actividade, PEQUECHEFS DO MAR, pretende acercar os mais pequenos a Cultura do Mar que caracteriza as vilas mariñeiras do territorio do GAC3, dar a coñecer as actividades de Turismo Mariñeiro e as posibilidades gastronómicas do produto do mar.
O longo do mes iremos informando das seguintes actividades a realizar no mes de xuño.