Concurso para a elección do logo da Fereración de Comercio da Mariña
A Federación de Comercio da Mariña arranca a súa andaina cun concurso para a creación do seu logo.
Os participantes deberán enviar as súas creacións reflectindo nun logo, ao seu parecer, o que debería de transmitir e os sinais de identidade da Federación de comerciantes que abrangue toda a Mariña. As bases pódense consultar nos seus perfís sociais de Facebook e Twitter “A Mariña Comercio”.
Poderanse presentar ata un máximo de 3 propostas por participante, se ben, só poderá ser premiada unha delas.
Poderanse entregar as creacións de varias formas:
1.- Por correo electrónico a amarinafederacionlugo@gmail.com
2.- A través do perfil social da Federación no Facebook e no Twitter, A Mariña Comercio.
O prazo de entrega iniciarase o martes 19 de Novembro de 2013 ata o 30 de Novembro de 2013 ás 12:00 horas.
O fallo do xurado ser realizará o luns 2 de Decembro de 2013 e os criterios de avaliación do xurado serán a creatividade, innovación, calidade artística e a mellor forma de plasmar o que representa a unión de todos os comercios da Mariña nun único ente.
Terase en conta na valoración o total de votos Gústame” do Facebook, pero non será criterio definitivo de elección do gañador.
O premio serán 300 € en vales de compra para gastar en calquera comercio asociado ás ACIAS que forman a Federación que son Ribadeo, Foz, Lorenzá, Burela, Xove, Viveiro e O Vicedo.