publicidade hoxe

A Xunta entrega máis dun milleiro de pasaportes solidarios a escolares galegos pola súa axuda aos demais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurenseOurense
A-
A+

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, Cecilia Vázquez Suárez agradeceu hoxe ao alumnado do Colexio Plurilingüe Santa Teresa de Jesús Carmelitas-Vedruna de Ourense a súa participación no programa ‘Pasaporte Solidario’. Este curso un total de 149 nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria de este centro implicáronse nesta iniciativa que impulsa esta área da Consellería de Política Social e ao abeiro da cal realizaron diferentes actividades como, entre outras, recollida de alimentos para as persoas máis necesitadas, limpeza no colexio, curtos sobre educación viaria e axudas ao terceiro mundo.

A responsable autonómica aplaudiu a intensa dedicación dos alumnos e o seu compromiso coa sociedade pensando tanto nas necesidades do seu entorno máis próximo como nas dos nenos e nenas doutros países. “Sodes un exemplo do que queremos conseguir con este programa, que é a creación dunha conciencia solidaria desde idades temperás a través dunha metodoloxía activa e participativa que fomente o voluntariado”, sostivo.

Cecilia Vázquez interesouse polas iniciativas postas en marcha como foron as tarefas de apoio na biblioteca, a recollida de alimentos para as familias necesitadas de Ourense ou de produtos básicos para os bebés da provincia co proxecto ‘Rechupete’, a recadación de fondos para os nenos de países en vías de desenvolvemento ou a elaboración de vídeos sobre educación viaria para os nenos e familias do colexio.

Con estas actividades, os estudantes do colexio Santa Teresa obteñen o seu Pasaporte Solidario personalizado que acredita a súa experiencia, e con eles xa foron este ano 1174 alumnos de Primaria e Secundaria de toda Galicia e 10.356 desde a posta en marcha deste programa no ano 2011.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, co obxecto de promover a solidariedade e o voluntariado entre a mocidade, ademais de impulsar este tipo de valores desde idades temperás, programa itinerarios continuados ata os 30 anos. Así, comeza en Primaria con ‘Móvete”; segue co ‘Pasaporte Solidario’, dirixido a mozos e mozas de ata 12 anos; continua coa Rede de Centros Solidarios para estudantes de Secundaria; e complétase co Servizo de Voluntariado Xuvenil.

O ‘Pasaporte Solidario’ consta de tres modalidades: Nivel 1, para as persoas voluntarias que participan no primeiro ano;, Nivel 2 ou nivel avanzado; e Camiño de Santiago, modalidade nova que se introduciu o pasado curso escolar e que está orientado a aportar información e apoio aos peregrinos da Ruta Xacobea.

6 de xuño de 2018 | 17:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.