O Concello de Ferrol completa a renovación integral dos viarios de Ultramar
O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, visitou esta mañá Ultramar onde se reuniu cos representantes da asociación de veciños co obxectivo de supervisar as actuacións de mantemento e mellora desenvolvidas dentro da cuarta fase do Plan de Barrios. Nesta xuntanza de traballo tamén participaron os técnicos municipais que exercen de supervisores dos servizos que presta a Administración local. E posteriormente, se incorporaron os concelleiros de Infraestruturas, Urbanismo e Contratación e de Medio Ambiente e Servizos, Guillermo Evia Pérez e Borja Carro Muñoz, respectivamente.
Jose Manuel Rey Varela avanzou o proxecto do Ministerio de Fomento para a mellora da Avenida de As Pías que se executará o vindeiro ano. Este proxecto conta xa cunha consignación orzamentaria de 3,5 millóns de euros nos Presupostos Xerais do Estado. O primeiro edil da cidade sinalou que esta intervención, que inclúe a eliminación do talud da Avenida das Pías situando este viario á mesma altura que a estrada de Castela, mellorará a conexión do barrio de Ultramar con Caranza, O Bertón, Esteiro e o Ensanche A, e cambiará por completo a fisonomía da cidade. Nesta liña de rexeración urbana, o rexedor ferrolán abordou coa directiva veciñal a próxima posta a disposición da cidadanía da Praza de Sartaña cun acto que terá un marcado carácter participativo; e qué é posible unha vez que xa están rematadas as obras de recuperación e mellora deste espazo público cumprindo así cunha demanda histórica do barrio.
Prazas de Porta Nova, Ultramar e Cuba
Así mesmo, o rexedor explicou os traballos de mellora que se están acometendo nestes momentos nas prazas de Porta Nova, Ultramar e Cuba. Así, na praza de Porta Nova se está procedendo á reparación do pavimento, se eliminaron as pérgolas que presentaban un total estado de abandono e se colocarán papeleiras e novos bancos; ademais de recuperarse a iluminación do arco.
En canto ás obras de mellora na praza de Cuba que se centrarán na colocación de tres xardineiras e dous bancos, a eliminación da pérgola e a instalación dun parque biosaudable ou infantil para completar a zona de xogos da praza. E, por último, se está actuando na praza de Ultramar onde se creou unha xardinera de adoquin arredor do monumento; e se aportará terra vexetal para dar volume aos xardíns da praza en que se plantarán especies arbustivas.
Outras tarefas de mantemento e mellora
Jose Manuel Rey Varela repasou coa entidade veciñal as actuacións de mellora e mantemento levadas a cabo en materia de viarios, limpeza, pintado e sinalización, iluminación, abastecemento de auga, zonas verdes e parques infantís. O primeiro edil ferrolán destacou os traballos de renovación integral de rúas executados por parte de Tragsa –empresa que se encarga deste programa posto en marcha polo Goberno Municipal-. Así, en Ultramar investiuse máis de 86.000 euros na reposición completa do aglomerado así como o próximo pintado e sinalización das rúas Sánchez Calviño con Venezuela, Villa Soledad e Bertón -entre estrada de Castela e Venezuela-. Outras actuacións importantes acometidas no barrio de Ultramar polos servizos municipais son:
– Roce e chapeo en todo o barrio, con especial atención a diferentes solares.
– Limpeza de graffitis en prazas e lugares públicos como a praza de Cuba e Porta Nova.
– Colocación de dous suxeita-contedores en rúa Venezuela e Sánchez Calviño.
– Actuacións de mantemento preventivo en todo o barrio así como o control de calidade do servizo de augas.
– Un total de 9.000 metros cadrados de tarefas de mantemento e limpeza de zonas verdes, así como traballos de poda nas rúas Uruguai, Paraguai, Villa Soledad, Sánchez Calviño, Santa Comba, Venezuela, estrada de Castela e praza de Cuba. Ademais da prantacións na praza de Ultramar, estrada de Castela e a rúa Venezuela con Ponzos; e a mellora de zonas verdes na praza de Ultramar coa creación duna xardineira e a prantación de arbustos.
– Revisión do funcionamento e estado dos xogos en parques infantís e biosaudables.











