A parroquia de Luneda celebra o II Festival ARTE-SAN da Mazá o 7 de decembro
Santa María de Luneda é unha parroquia do concello da Cañiza. Está situada na saia naciente do monte Paradanta, a unha altitude de 400 a 450 metros. É unha parroquia cunha tradición do cultivo da mazá desde moi antigo xa que ten unha climatoloxía ideal para certos frutais, entre os que se atopa as mazás de inverno, destacando a que leva o nome da parroquia, Mazá de Luneda. Unha mazá excelente para a fabricación da sidra, quizais unha das mellores sidras.
Tempo atrás era habitual que cada unha das familias do lugar fabricase sidra, e por suposto o lagar e a pía de pedra para machucar as mazás eran ferramentas que non faltaban en cada unha das casas, tamén se vendían as mazás no mercado da Lomba, na localidade próxima de Arbo, para así comprar peixe e outros productos.
O festival dá Mazá de Luneda pretende recuperar a tradición dos nosos antepasados e así honrar a súa memoria. Tamén pretende reunir a todos os veciños contorna a unha tradición e compartir con xúbilo este día. Á vez que se pretende recuperar este valioso frutal e desenvolver unha producción ecolóxica e artesanal tanto da mazá como da sidra.
Este segundo evento, no que participan con moita ilusión unha boa parte dos veciños de Luneda, está sendo un revulsivo para crear unión e comunidade en Luneda.
Un ano máis, o acto pretende ser, de forma moi modesta, un festival gastronómico no que a mazá sexa o ingrediente principal no caso da bebida e a repostería e complementario no caso da comida.
O domingo 7 decembro a partires das 11 da mañá no centro cultural da parroquia celebrarse o II Festival ARTE SAN da Mazá de Luneda, con xogos populares, concursos e xantar de convivencia que por un módico prezo ofrece sidra nova, chourizo á sidra, lombo de porco á mazá, e sobremesa de mazá. Tamén durante esta xornada realizarase un concurso de repostería entre os veciños de Luneda e persoas que queiran participar, no que a mazá será o protagonista.
Despois música e baile e para rematar a festa un gran Magosto.