publicidade hoxe

Os últimos Campionatos da tempada déronlle á Sociedade Ximnástica 9 medallas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

As distancias dun quilómetro e da milla, en Marín e os 10 quilómetros en Riveira, foron os últimos Campionatos de Galicia da tempada, que se celebraron o pasado fin de semana, cunha presenza importante de atletas da vila pontevedresa. O botín é máis que aceptable con 9 preseas, das que 6 foron medallas de ouro e 3 bronces.

En Marín, Víctor Riobó foi o vencedor absoluto na milla masculina, mentres que Matilde Acuña gañou na súa categoría veterana de 40 anos. Jorge Puig e Cristina González levaron a medalla de bronce nas categorías xuvenil masculino e júnior feminino.

Na distancia de 1 quilómetro, reservada ás categorías menores, Pedro Santos levou o ouro, establecendo ademais unha mellor marca galega de sempre con 3 minutos e 16 segundos na categoría alevín masculina; mentres que a súa irmá Carolina foi a gañadora na carreira benxamín feminina. Fernando Rial completou os postos de podio para a Ximnástica en Marín, cun bronce no quilómetro cadete masculino.

Ao día seguinte en Riveira, as mulleres da Ximnástica foron as laureadas, Cristina González volveu subir ao podio na distancia de 10 quilómetros cun ouro na categoría júnior e Laura Goñi, tamén foi ouro na categoría promesa.

O balance final da Ximnástica nas súas actuacións nos Campionatos de Galicia individuais, é bastante positivo, aínda que se conseguiron 137 medallas, algo lonxe das 150 do curso 2010/2011; en número de ouros, con 66, suma a súa mellor tempada da historia.

29 de setembro de 2014 | 17:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.