publicidade hoxe

Teatro, exposicións e ata observación astronómica nas actividades culturais da fin de semana en Rianxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRianxo
A-
A+

As propostas a desenvolver nesta fin de semana na Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo inclúen:

Venres 6 de xuño

20.30 h – Salón de actos do Auditorio de Rianxo

PRESENTACIÓN DE NIMBOS: CÁLIZ FERVENDO !

PRESENTACIÓN DE NIMBOS, CALIZ FERVENDO! (Caderno XXIX do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades), a cargo de Xosé Luís Axeitos Agrelo (catedrático e académico), Armando Requeixo (escritor e especialista na obra de Díaz Castro), Luís Cochón (catedrático e co-director dos Cadernos Ramón Piñeiro) e Luís Alonso Girgado (catedrático e co-director dos Cadernos Ramón Piñeiro), introducidos por Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo). Este caderno XXIX acolle vinte e cinco traballos a redor de Nimbos, o seu título procede dun verso de Díaz Castro e quere ser homenaxe cálido ó gran señor da palabra poética, que foi o poeta de Guitiriz.

Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo

APERTURA DA EXPOSICIÓN: GALICIA CABO VERDE: UNHA IRMANDADE

A exposición é o resultado dunha viaxe por Cabo Verde de Roberto Amado en outubro de 2013, como premio por gañar o concurso Imaxes con fondo, organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedad.Rober Amado emprendeu unha viaxe dun mes por 6 das 10 illas que compoñen o arquipélago caboverdiano, visitando os principais proxectos apoiados polo Fondo Galego durante os 11 anos de cooperación con Cabo Verde. As súas instantáneas mesturan viaxes da vida diaria das persoas que se viron beneficiadas polos proxectos apoiados polo Fondo Galego, que no seu conxunto nos achegan á realidade do país.
A exposición poderá visitarse no horario de apertura do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo dende o 13 ao 28 de xuño.

22.30 h – Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro

OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA

O programa Todocosmos, que desenvolven o Concello de Rianxo, o Observatorio Ramón María Aller da Universidade de Compostela e outras institucións públicas e privadas de Galicia, realizarase desta volta en Leiro, cunha presentación introdutoria no C. C. Vicente Vidal e posterior observación nas pistas polideportivas anexas. Estarán visibles, entre outros obxectos celestes, os planetas Marte e Saturno, estrelas dobres e cúmulos estelares.

* En caso de condicións atmosféricas non invitadas -chuvia, nubes, néboas, …- non quedará máis remedio que suspender a actividade.

Sábado 14 de abril

18.00 h – Auditorio de Rianxo

A GUERRA DE NUNCA ACABAR a cargo dos benxamíns do Cadro Artístico Airiños

21.00 h – Auditorio de Rianxo

UN MACABRO FIN DE CURSO a cargo dos alevíns do Cadro Artístico Airiños.

Unha nova velada teatral que, baixo a dirección de Esther Carrodegüas -actriz, autora teatral, poeta e directora do cadro Artístico-, permitirá aos espectadores achegarse ao enxeño e traballo dos nenos e nenas máis novos da compañía. Talentosos actores e actrices que han ser nun futuro próximo o sangue novo que lle dará a Airiños outros oitenta anos de éxitos teatrais.

12 de xuño de 2014 | 12:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.