A Deputación da Coruña mostra as súas condolencias á familia e a todo o persoal da Deputación de León
A Deputación da Coruña mostra o seu pesar ante a morte de Isabel Carrasco, presidenta do PP de León e titular da Deputación leonesa.
Para Diego Calvo, o asasinato de Isabel Carrasco, abatida brutalmente a tiros en pleno centro da cidade, constitúe un acto “intolerable” e “contrario a todas as prácticas democráticas”
Por iso, mostra o seu máis “absoluto rexeitamento” a accións como esta, que acabaron coa vida dunha muller “activa e traballadora” coa que a Deputación coruñesa mantiña unha estreita colaboración que se traduciu hai uns meses na organización dunha campaña de esquí en San Isidro.











