A delegada territorial da Xunta na Coruña recibe ao xefe superior de policía de Galicia

Belén do Campo durante a reunión
A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, mantivo hoxe un encontro co comisario principal e xefe superior de Policía de Galicia, Jaime Iglesias, que deixará o cargo con motivo da súa xubilación. Do Campo aproveitou o encontro para felicitar a Iglesias pola recente concesión da Medalla ao Mérito Civil e agradeceulle o traballo e dedicación no desempeño da súa labor, así como a colaboración amosada coa Administración autonómica desde a institución que representa.











