A Biblioteca provincial da Coruña celebra cos cidadáns o 20 aniversario do traslado á rúa Riego de Agua
A Biblioteca provincial, dependente da Deputación da Coruña celebrou esta tarde o seu 20 aniversario na actual situación no edificio do Teatro Rosalía, na rúa Riego de Auga. Antes desa data, e ata o 20 de maio de 1994, a biblioteca funcionaba nas instalacións do edificio administrativo de Archer Milton Huntington, Para compartir esta data coa cidadanía, e mesmo cos socios e usuarios da sala de lectura, os responsables da sala provincial saíron á rúa para dar a coñecer os servizos que ofrece o centro durante todo o ano.
Esta celebración serviu tamén como colofón a todo o programa de actividades organizado desde a Biblioteca provincial con motivo do Día das Letras Galegas.











