Os alumnos da escola de música Magariños encheron o auditorio no IV Festival de Música de Cámara
O auditorio do centro social polivalente de Brión volveu quedar pequeno unha vez máis durante a cuarta edición do Festival de Música de Cámara (FECAM 2014), celebrado o pasado venres pola noite. Un total de 60 alumnos e alumnsa, tanto do Plan Educativo Xeral como dos niveis académicos II e III, ofreceron un total de 34 pezas de carácter camerístico. Os rapaces e rapazas actuaron en dúos, tríos e cuartetos, aínda que tamén houbo momento para unha pequena formación cameral de sete membros.
O director da ESMU Magariños, Carlos Pintor, explica que “a práctica da música de cámara cumpre unha función decisiva no desenvolvemento do oído musical, en todos os seus aspectos. O repertorio camerístico constitúe o medio idóneo para que o alumnado desenvolva o sentido da afinación, desenrolo que non pode deixar de ser instintivo e mimético, que se resiste a ser ensinando ou transmitido por métodos racionais e que require unha larga praxe musical, preferentemente en conxunto”. O IV Festival de Música de Cámara foi organizado pola Escola Municipal de Música Magariños e contou coa colaboración do Concello de Brión, da Deputación da Coruña e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.











