Inaugúrase o ‘III curso de actualidade Xurídica de Réxime Local: a reforma dos gobernos e administracións locais’
O director xeral de Administración Local, Jose Alberto Pazos, inaugurou esta tarde na Deputación de Pontevedra o III curso de actualidade Xurídica de Réxime Local: a reforma dos gobernos e administracións locais, unha actividade organizado pola EGAP para abordar os cambios producidos neste eido tras a entrada en vigor da Lei estatal de Racionalización e Sustentabilidade da Administración local.
Na súa intevención, Pazos Couñago manifestou o seu desexo de que a Lei de Medidas Urxentes -actualmente en trámite parlamentario- contribúa a “aportar luz” á hora de interpretar en clave galega o texto estatal e resolver as numerosas dúbidas que xurdiron nos concellos, especialmente entre os axentes xurídicos que teñen a obriga de interpretar diariamente a norma.
Por este motivo felicitou tamén ao Colexio pontevedrés de secretarios, interventores e tesoureiros da Administración Local, por contribuír nunha actividade que favorecerá o diálogo e o debate, “que deben prantexarse cun espírito aberto a todas as opinións e coa vontade de chegar a acordos útiles para os cidadáns”.
Con ese obxectivo, o director xeral asegurou estar moi atento a cantas suxestións se fagan no ámbito do curso que hoxe deu comezo, xa que as achegas dos profesionais do ámbito local serán de enorme utilidade para a “á hora de afrontar o seguinte reto lexislativo que aparece no horizonte do Goberno galego”, a reforma da Lei da Administración Local de Galicia, para cuxa elaboración pediu a colaboración posible entre ambas partes.











