Brión licita a contratación do subministro de gasóleo para instalacións e maquinaria municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+

O BOP de hoxe xoves publica a resolución do Concello de Brión pola que se saca a licitación a contratación do subministro de gasóleo A para os vehículos e maquinarias municipais e de gasóleo C para calefacción de centros públicos municipais (centro de saúde, biblioteca, casa da cultura, escola de música e centro social polivalente). Un contrato que terá unha vixencia de dous anos e que se concederá baixo un único criterio de adxudicación: o prezo máis baixo.

O contrato non establece un orzamento máximo de licitación xa que o consumo efectivo de combustible está subordinado ás necesidades reais do Concello. A empresa adxudicataria será aquela que oferte unha maior porcentaxe de desconto sobre o prezo de venda ao público (que será a media de prezos da provincia da Coruña establecida na web: http://geoportal.mityc.es/hidrocarburos/eess). O prezo que se oferte incluirá todos os gastos que a empresa deba realizar para cumprir co servizo (transporte, desprazamento, seguros, etc). O prazo de presentación de ofertas ábrese mañá venres no Rexistro do Concello de Brión e permanecerá aberto durante os 14 seguintes días naturais.

O Concello de Brión investiu 70.828 euros en Gasóleo A e 26.999 euros en Gasóleo C entre os anos 2012 e 2013. Unhas cifras que supuxeron un aforro do 8,2765% sobre o prezo de venda ao público deste combustible, tributos incluídos, grazas ao contrato asinado con Feiraco Sociedad Cooperativa. Iso supuxo un aforro para o Concello de Brión de case 6.000 euros anuais.

13 de marzo de 2014 | 19:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.