A Asociación de Mulleres Xuntanza prepara unha viaxe á Semana Santa de Málaga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+

A Asociación de Mulleres Xuntanza (Brión) organiza unha viaxe do 15 ao 20 de abril á Semana Santa de Málaga, a consecuencia das peticións realizadas polas asociadas. Unha excursión aberta tanto a socias (325 euros) como non socias (350 euros) e que terá lugar no caso de reunirse un mínimo de corenta participantes. Un prezo que inclúe o autobús, seguro de viaxe, pensión completa con buffet libre en hotel de 3 estrelas con festas de animación polas noites, comidas en ruta, visitas con guías oficiais e entrada ás covas de Nerja.

As inscricións poderán realizarse ata o vindeiro 28 de marzo nos teléfonos 686 482 665 (mañás) e 616 802 744 (tardes). O número de prazas é limitado e os asentos no autobús asignaranse por rigorosa orde de inscrición.

Viaxe

A expedición sairá o martes 15 de abril, ás 22:00 horas, da Carballeira de Santa Minia para facer noite en ruta e chegar ao Hotel Barracuda de Torremolinos ás 12:00 horas do mércores 16 de abril. Despois do xantar, as brionesas visitarán Puerto Marina de Benalmádena, o paseo marítimo da Carihuela e o centro de Torremolinos.

Para o Xoves Santo está prevista unha visita a Málaga e ao mirador de Gibralfaro, así como a asistencia ao traslado do Cristo de la Buena Muerte polos lexionarios. Pola tarde haberá unha visita guiada a Nerja e ás súas covas; para rematar o día nas procesións nocturnas de Málaga. O venres 18 de abril será momento de visitar Gibraltar, con mañá libre para compras, Porto Banús, Marbella e Mijas.

Por último, o sábado 19 de abril farase unha visita con guía a Ronda e disporase dunha tarde libre. Durante a mañá do domingo, a expedición porá rumbo a Brión, onde chegará a última hora da tarde/noite.

14 de febreiro de 2014 | 19:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.