Xornada informativa sobre doazóns de órganos e transplantes na Laracha
O Concello da Laracha e a Oficina de Coordinación de Trasplantes de Galicia organizan a xornada informativa sobre doazón de órganos e transplantes que se desenvolverá o mércores da próxima semana, día 11 de decembro, na Casa da Cultura da Laracha a partir das 20.00 horas.
Todas as persoas que desexen ampliar información sobre a importancia da doazón de órganos e a súa directa repercusión na saúde dun alto número de persoas están convidadas a participar nesta xornada.
A asistencia é gratuíta e non se require inscrición previa.











