Brión destinará a mantemento de beirarrúas e estradas no municipio 93.000 euros do POS 2014
O pleno municipal de Brión celebrará mañá mércores 18 de decembro a súa sesión ordinaria, durante a que se aprobará a proposta ao Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal (POS 214), que no caso de Brión ascende a 234.187 euros. O alcalde de Brión, Xosé Luís García, proporá destinar 93.646 euros ao mantemento de beirarrúas e estradas no municipio e outros 140.469 euros a gasto corrente.
Os dous proxectos de obras serán: mantemento de beirarrúas nas parroquias de Brión e Os Ánxeles (37.105 euros) e mantemento de estradas de Brión de Arriba a Riazoas, Gronzo e Brión de Abaixo (Brión), Casaldoeiro (Bastavales), Moldes (Luaña) e Pousada (Viceso). Uns cartos que se investirán na consecución do material preciso, xa que os traballos serán executados pola brigada de obras do Concello de Brión.











