Últimos días para inscribirse na V Marcha en BTT polas cabeceiras do Anllóns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaLocal
A-
A+

O club ciclista Laracha en dúas rodas, coa colaboración do Concello da Laracha e a Deputación Provincial da Coruña, organiza a quinta edición da denominada marcha en BTT polas cabeceiras do Anllóns.

O evento terá lugar este domingo día 15 de setembro. As persoas interesadas deben formalizar a súa inscrición antes do xoves a través da web www.larachaenduasrodas.com. Existen varias modalidades, con diferentes prezos para federados e non federados (xa que estes últimos deberán aboar a licenza de un día que concede a Federación Galega de Ciclismo e que é imprescindible para participar na marcha) e tamén cun suplemento de dez euros para as persoas que desexen asistir ao xantar que ofrecerá a organización unha vez rematada a proba.

A V marcha cicloturista en BTT polas cabeceiras do Anllóns terá por punto de saída a Praza do Concello da Laracha. O percorrido da maratón, para os máis expertos sobre a bicicleta, será de 71 quilómetros de distancia cun desnivel acumulado de 1.800 metros. Non obstante, existe un traxecto alternativo e menos esixente de 45 quilómetros cun desnivel acumulado de 1.100 metros. En ambos casos as rutas están perfectamente sinalizadas sobre o terreo para que cada participante poida realizala ao ritmo que o desexe. Ao longo da xornada haberá tres puntos de avituallamento

O Concello da Laracha, ademais de prestar a correspondente colaboración no desenvolvemento da ruta, porá a disposición da organización as instalacións do campo de fútbol Municipal da Laracha para que todos os participantes poidan ducharse e asearse trala finalización da marcha e tamén o pavillón do IES Agra de Leborís, onde terá lugar o xantar.

9 de setembro de 2013 | 19:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.