Tres xornadas de tapas por Gondomar “Las tapas del Conde”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioGondomarLocalLocal Portada
A-
A+

A Comisión de Hostaleiros de Gondomar, en colaboración coa Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI) e a Concellaría de Turismo do Concello, organiza para os días 16, 17 e 18 de agosto, Las Tapas del Conde.

Trece establecementos de Gondomar participan no evento que recoñecerá á mellor tapa cun premio outorgado polo Conde de Gondomar.

Las tapas del Conde

Las tapas del Conde

Gondomar acollerá este fin de semana, Las tapas del Conde; tres xornadas gastronómicas organizadas pola Comisión de Hostaleiros de Gondomar en colaboración coa Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI) e a Concellaría de Turismo do Concello de Gondomar.

Durante as tres xornadas, os asistentes poderán gozar de multitude de variedades de tapas: tapa campesiña, tortilla de acelgas, bocado Caralludo, entre outras; en trece establecementos de Gondomar. O prezo por tapa será de dous euros.

A mellor tapa será recoñecida cun premio outorgado polo actual Conde de Gondomar.

Las tapas del Conde é, tras a I Festa da Empanada celebrada no municipio no pasado mes de maio, a segunda das iniciativas posta en marcha pola Comisión de Hostaleiros de Gondomar coa colaboración de OVALM e o Concello de Gondomar co obxectivo de dar a coñecer a gastronomía do lugar.

14 de agosto de 2013 | 13:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.