O AC Kaló participará no Campionato de España de Balonmán Praia Xuvenil Feminino
Esta fin de semana (10 e 11 de agosto) celebrarase en Lloret de Mar o Campionato de España de Balonmán Praia Xuvenil coa participación do representante galego feminino, o AC KALÓ.
A competición comezará o sábado 10 de agosto no que se celebrará a fase previa. O equipo vigués iniciará a competición contra o Cubas Llopis DH BM Playa Sevilla (10:00 horas), para despois enfrontarse ao The Corbi Team (13:00 horas), posteriormente ao Movit HP Granollers (18:00 horas) e finalizará a disputa do grupo (20:15 horas) fronte ao Arhs Cadet Femení.
O obxectivo é clasificarse para as semifinais, para o que é necesario quedar clasificado entre os catro primeiros, enfrontándose o domingo en semifinais o primeiro contra o cuarto, e o segundo contra o terceiro.











