IV Quedada do Foro Cerámica de Manises en Brión

Recibimento aos ceramistas
O alcalde de Brión, Xosé Luís García, recibiu esta mañá a unha quincena de participantes na IV Quedada de Ceramistas, que terá lugar en Brión ata o vindeiro 18 de agosto. Unha iniciativa cultural na que participarán unha trintena de prestixiosos ceramistas de diferentes puntos de España, Bélxica e Francia, que compartirán técnicas e experiencias nuns obradoiros prácticos abertos todos os que queira achegarse polas instalacións de Cerámica Unzueta, na aldea de Lamiño (Brión).
Xosé Luís García deu a benvida aos ceramistas presentes esta mañá, ante os que recoñeceu que “ata que Nano Unzueta non se trasladou a vivir en Brión, non eramos conscientes da importancia que ten a man dos artesáns na cerámica”. O alcalde brionés puxo un exemplo: “todos os anos facemos unha carreira pedestre e comprabamos os trofeos. E, claro están, todos eran exactamente iguais. E podo dicir que non teñen nin punto de comparación cunha peza artesán, feita a man por un bo ceramista”.
Pola súa banda, Nano Unzueta, que actuou como representante dos ceramistas, agradeceu a recepción do Concello de Brión e xustificou a ausencia de máis da metade dos artistas xa que “irán chegando a Brión ao longo do día de hoxe”. Así mesmo, comentou en tono humorístico que “durante os próximos días imos facer moito fume. Non lume, pero sí moito fume”.
O Concello de Brión agasallou aos participantes con dous libros (un sobre a historia de Brión e outro sobre xeografía da ría de Arousa) e unha guía turística. Pola súa banda, os artistas entregáronlle ao Concello brionés un libro especializado sobre alfarería e cerámica en Andalucía.
Contido das xornadas
Unzueta explicou que durante os próximos días, Brión acollerá unha serie de obradoiros e exhibicións que están abertos tamén a calquera artesán ou afeccionado á cerámica que queira sumarse. “Trátase dunha iniciativa na que os propios participantes somos, á vez, mestres e alumnos, xa que impartimos os obradoiros nos que somos especialistas e participamos como alumnos nos demais”, sinala Nano Unzueta.
Así, quen se achegue entre o 14 e o 18 de agosto por Brión poderá ver in situ como se constrúen fornos de papel (indicado para aquelas persoas que se dedican á cerámica por afección) e de biomasa (que tarda máis en quentar pero que supón un aforro económico en combustible); supermoldes e as propias ferramentas dos ceramistas. Así mesmo, realizaranse demostracións de cocción de esmaltes en fornos de biomasa, de cocción de esmaltes de cinza e porcelanas, de tornos de moldeado, de preparación de esmaltes e fornadas rakú.
Programa
O programa desta quedada é o seguinte:
Mércores 14
18 h – Preparación pezas (selección pezas para coccións; preparacións esmaltes…)
21 h – Fornadas rakú/nu.
Xoves 15
10 a 11 h – Taller de fabricación de ferramentas de taller.
11 a 12 h – Demostración de torno e intercambio de experiencias e técnicas persoais.
12 a 13 h – Taller de iniciación ao modelaxe.
17 a 18 h – Taller práctico de reservas en pezas.
18 a 21 h – Preparación de fornos (Biomasa e Papel): Forno de papel/pitfiring (forno de leña/afumados). Biscoitos de sigilata en forno biomasa. Queima in situ en forno desmontable.
23 h – Reprodución de supermolde + tema aberto de obra conxunta de modelaxe e torneado.
Venres 16
10 h – Visita turística a Santiago .
18 h – Cocción de esmaltes en forno biomasa (pezas bizcochadas).
22 h – Reprodución de supermolde + tema aberto de obra conxunta de modelaxe e torneado.
Sábado 17
10 a 11 h – Técnicas sobre porcelana en cru.
11 a 12 h – Taller de iniciación e intercambio de experiencias sobre esmaltes de cinza. Práctica de elaboración de cinzas e preparación de esmaltes.
22 h – Cocción de esmaltes de cinza e porcelanas (pezas bizcochadas). Fornadas rakú/nu.
Domingo 18
Recollida e despedida.











