As brigadas municipais de Brión realizan tarefas de mellora e conservación das beirarrúas de Bastavales e de Brión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBriónLocal
A-
A+
Limpeza das beirarrúas

Limpeza das beirarrúas

Os obreiros das brigadas municipais do Concello de Brión están a realizar tarefas de conservación e mellora nas beirarrúas de Bastavales e de Brión. Uns traballos incluidos dentro do Plan de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal 2013, orzamentado en máis de 93.500 euros (uns cartos que inclúen tamén un segundo proxecto de mantemento de estradas na aldea de Vioxo de Arriba e na pista entre Tembra e Pedreira).

En ambos casos, os traballos están a ser executados polas brigadas municipais de Brión, o que lle permite ao Concello brionés acometer un maior número de actuacións. Así, durante esta semana os obreiros municipais están a proceder ao limpado en profundidade das beirarrúas da parroquia de Bastavales. En primeiro lugar, proceden á limpeza das beirarrúas, retirando as follas e todo o lixo depositado sobre as mesmas.

Despois proceden ao seu limpado, utilizando auga a alta presión, e ao arranxo ou substitución das losetas que se atopan en mal estado. Así mesmo, as brigadas municipais de Brión están a aplicar un tratamento para eliminar a maleza que medraba ao pe e baixo as propias losetas das beirarrúas desta parroquia brionesa. Os traballos remataranse nos próximos días.

19 de xullo de 2013 | 18:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.