O Concello reforza a limpeza das travesías das parroquias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaLocal
A-
A+

Coincidindo co inicio da época estival púxose en marcha no termo municipal da Laracha unha campaña dirixida a reforzar as tarefas de limpeza e mantemento na totalidade das travesías situadas en núcleos rurais en diferentes parroquias do municipio.

As labores consisten na limpeza íntegra,  incluíndo a eliminación da materia vexetal xurdida durante a primavera en certas zonas tanto das vías como das beirarrúas, mellorándose deste xeito o ornato en áreas de constante tránsito de peóns e de vehículos.

Os puntos nos que se actuará son, en concreto, as travesías A Laracha-Gabenlle, A Laracha-Estramil (ambas na parroquia de Torás), Paiosaco-A Cachada (Lestón), O Cancelo-O Igrexario de Cabovilaño, O Igrexario de Golmar, A Botica (Vilaño), Santa Margarida (Montemaior) e O Cruceiro-O Igrexario de Lendo.

Estes traballos están incluídos no novo contrato do servizo público de limpeza viaria no termo municipal da Laracha, que recentemente foi adxudicado á empresa Aspaber.

28 de xuño de 2013 | 19:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.