O alcalde recibe á xunta directiva da ADC Fonte da Virxen de Estramil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaLocal
A-
A+
Reunión do rexedor e a ADC Fonte da Virxen de Estramil

Reunión do rexedor e a ADC Fonte da Virxen de Estramil

O Alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, e os concelleiros José Ramón Martínez Barbeito e Rocío López, recibiron hoxe no salón de plenos a gran parte dos membros da xunta directiva da Asociación Deportiva e Cultural Fonte da Virxen de Estramil.

Durante a reunión expuxéronse diversos temas que afectan directamente ao funcionamento da entidade e que tamén son de interese para os veciños en xeral desta localidade situada na parroquia de Torás, moi preto do núcleo urbano da Laracha.

En primeiro lugar, comunicouse a subvención municipal concedida á ADC Fonte da Virxen para o desenvolvemento de actividades e eventos ao longo de todo o ano. Esta entidade é a encargada da organización da xas tradicionais Festas do Pulpo (que se celebrará este venres) e dos Callos (que será o sábado), que neste ano chegan á quinta e undécima edicións respectivamente. Ademais, son os responsables da peña de fútbol de Estramil e levan a cabo outra serie de actos, como por exemplo, excursións para os veciños da localidade.

José Manuel López Varela desexoulles que nas festas dos próximos dous días a organización por parte da ADC Fonte da Virxen sexa ten exitosa como en edicións anteriores.

A continuación, falouse doutras cuestións que promove a xunta directiva da asociación, e que son as referidos á creación dun campo de fútbol e dun centro sociocultural en Estramil. Os técnicos municipais asesoraron aos directivos  da entidade sobre os tramites legais -e extramunicipais- que deben realizar para poder levar a cabo os proxectos. Neste sentido, o alcalde, José Manuel López Varela, expresoulles a total vontade de colaboración por parte do Concello e ofreceu solucións para que ditas iniciativas se fagan unha realidade.

13 de xuño de 2013 | 19:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.