2º Encontro Coral na Eurocidade Chaves-Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalVerín
A-
A+

28062013-8O próximo domingo 30 de xuño, ás 18 horas (horario local), terá lugar no Auditório do Centro Cultural de Chaves o 2º Encontro Coral na Eurocidade Chaves-Verín.

Despois dun 1º Encontro Coral en 2012, en Verín, terá lugar en 2013 un 2º Encontro na localidade de Chaves, organizado pola Associação Coral de Chaves, coa colaboración da Eurocidade Chaves-Verín, Município de Chaves, Concello de Verín e Chaves Viva. Neste evento actuará o Coral de Chaves, Coral de Verín e Orfeão de Oliveira do Douro.

Este 2º Encontro Coral na Eurocidade Chaves-Verín intégrase no programa de actividades culturais desenvolvido pola Eurocidade, destinado a fomentar unha colaboración conxunta entre os dous municipios na organización de actividades comúns, promover a participación e intercambio de espectáculos nos dous territorios, mobilizar as poboacións dun e outro lado da fronteira, crear un sentimento de eurocidadanía e de pertenza a un único territorio; así como para incentivar a cooperación territorial transfronteiriza mediante o aproveitamento conxunto de equipamentos  e dunha xestión equilibrada de recursos, que eviten a duplicidade de custos e equipamentos.

28 de xuño de 2013 | 16:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.