A exposición de San Isidro da Laracha poderá visitarse ata o mércores

Vista da mostra exposta
A exposición dos traballos realizadas ao longo de todo o ano polos alumnos dos cursos de manualidades e pintura ó óleo, encaixe de palillos, patchwork, restauración e tapizaría que organizou o Concello da Laracha permanecerá aberta ata o mércores en horario de 17.00 a 21.00 no baixo da biblioteca municipal da Laracha.
O baixo da biblioteca municipal da Laracha acolle esta mostra, que foi montada con motivo da finalización dos cursos e coincidindo, como cada ano, coa celebración do programa do Día das Letras Galegas e do San Isidro Labrador.
Este venres abriranse as exposicións de Paiosaco (centro sociocultural) e de Caión (centro sociocultural da Ínsua), que poderán visitarse durante a final de semana de 17.00 a 20.00 horas.











