publicidade hoxe

A Deputación mellora dotacións municipais a 400 veciños de Mondoñedo, aforrando 36.000 euros ó Concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLugoMondoñedoProvincias
A-
A+

A Deputación mellorou as dotacións públicas municipais de 400 veciños de Mondoñedo, aforrando 36.000 euros ó Concello. Os traballos consistiron no arranxo de vías locais na parroquia mindoniense de Santo Estevo de Oirán, mellorando os acceso ás vivendas e fincas dos máis de 120 cidadáns que residen na zona; no acondicionamento á entrada á Avenida de Buenos Aires, onde se sitúa a entidade de transporte escolar do colexio Álvaro Cunqueiro e do instituto San Rosendo, empresa cun 10 traballadores, e onte tamén existente máis dunha ducia de vivendas dunhas 50 persoas; e na mellora do campo da feira de Vilamor en beneficio dos 200 mindonienses deste núcleo.

O organismo provincial mellorou deste xeito prestacións locais ós veciños e aforrou custes ó Concello, asumindo o 100% dos custes destas actuacións. Fixo co Plan de Comunidades Veciñais para 2012, unha programación enmarcada na súa aposta pola máxima cooperación cos municipios, coa que a Deputación executa obras locais que os cidadáns demandaron ó Concello e que dita administración non podería levar a cabo sen a colaboración provincial.

Aforro de 500.000 euros ós Concellos da Mariña

A Deputación aforrou preto de 500.000 euros ós Concellos da Mariña, asumindo obras municipais que melloraron as dotacións públicas ós veciños e que as entidades locais non podían executar debido á falla de recursos económicos. Este medio millón de euros procede dos 2 millóns que en total a institución luguesa aforrou ós Concellos da provincia coa última anualidade do Plan de Comunidades Veciñais. Esta programación permitiu realizar nos municipios mariñanos case 60 actuacións, en beneficio de centos de cidadáns, principalmente, residentes en zonas rurais co fin de acondicionar as súas prestacións e reivindicando a vida no campo, como son, por exemplo: pequenos abastecementos de auga potable, saneamentos, pavimentacións, rede de sumidoiros, iluminacións públicas, acondicionamento de camiños rurais, instalación de pequenos repetidores de TV, arranxo de fontes, obras de acondicionamento e arranxo de locais sociais, así como pequenas infraestruturas e adquisición de mobiliarios -informáticos ou similares- para o funcionamento das propias comunidades veciñais, agrupacións ou asociacións de veciños, ou como complemento de áreas recreativas, deportivas e de lecer.

29 de maio de 2013 | 13:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.