publicidade hoxe

Semana Santa mindoniense 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalMondoñedo
A-
A+

As procesións de Semana Santa en Mondoñedo están organizadas pola Fraternidade Local da Orde Franciscana Seglar, esta Orde foi fundada en Mondoñedo o 24 de febreiro de 1734, sendo Guardián do Convento de “El Rosal” Fray Isidoro de San Josquín, o seu primeiro Ministro foi Don Cipriano Antonio Gutiérrez, quen fabricou as súas expensas a capela da Orde e o seu retablo.

Procesións

SÁBADO 23 DE MARZO

20.30 horas Na Casa da Xuventude;  Pregón impartido por Excmo. Prelado de Honra  de S.S.  D. Eugenio García Amor,  Ao remate do mesmo actuación da Coral Mestre Pacheco da Escola Municpal de Música O Pallarego de Mondoñedo.

DOMINGO DE RAMOS

19.00 horas. VIACRUCIS PENITENCIAL NA CAPELA DA ORDEN TERCEIRA, ao remate do mesmo saerá a Procesión do “ECCE HOMO” na que desfilarán as imaxes do ECCE HOMO (S.XIX) e a DOLOROSA (S. XVIII), co acompañamento da Banda de Cornetas e Tambores da Orde.

19.30 horas. PROCESIÓN DO ECCE HOMO, Capela da Alcántara.

MÉRCORES SANTO

19.00 horas. VIACRUCIS PENITENCIAL. Antigo percorrido polo Mosteiro dos Picos. A saida ten lugar dende a Igrexa de Os Remedios.

20.30 horas. Concerto de Música Sacra ofrecido pola Escola Municipal de Música O Pallerego de Mondoñedo na Sala de Exposicións do Centro Cultural A Alcántara.

XOVES SANTO

21.00 horas. Saída da Capela de Santiago no Barrio de Os Muíños da PROCESIÓN DO PRENDIMENTO cos pasos DA FLAXELACIÓN (S. XVII), ECCE HOMO (S. XVII), SAN XOÁN (S. XVIII); CRISTO DE MEDINACELLI (S. XVIII) escoltado por alabarderos, incorporándose na Plaza de A Fonte Vella a VIRXE DA AMARGURA, abrindo esta procesión a Barnda de Cornetas e Tambores da Orde Terceira, sendo acompañada no seu percorrido polas máis antigas rúas da cidade por unha gran cantidade de fieis ata a súa Capela da Orde Terceira na Alcántara.

VENRES SANTO

10:30 horas. Procesión do SANTO ENCONTRO: narrada dende o púlpito instalado na Fonte Vella polo Rvdo Don Pedro Díaz Fernández, quen nos indicará os distintos momentos que se representan polas imaxes articuladas (caidas, encontro coa Verónica, encontro con Xoán e o encontro coa súa nai a Virxe Dolorosa). A procesión abrirana a Banda de Cornetas e Tambores seguida polos fieis.

18:00 horas. Procesión do SANTO ENTERRO: saída da Sta Igrexa Catedral Basílica cos seguintes pasos: CRUZ (s. XII), SANTO SUDARIO, INSIGNIAS, DOLOROSA (s.XVIII) e SANTA URNA CO CRISTO XACENTE. Procesión que ten a peculiaridade de ser soamente de homes e encabezada pola Banda de Cornetas e Tambores.

21:00 horas.  Procesión DA SOEDADE: procesión das máis espirituais, é soamente de mulleres. Sae da Santa Igrexa Catedral Basílica constando dos seguintes pasos: CRUZ (s. XII), SANTO SUDARIO, SAN XOAN E DOLOROSA. O ORFEON DE OBREROS canta a peza do Mestre PACHECO “Plorans” que soamente se pode executar en Mondoñedo e na Capela Real de Madrid. Abrindo a procesión encabezada pola Banda de Cornetas e Tambores.

15 de marzo de 2013 | 16:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.